"Un mundo de servicios"


 Información
 · FAQ's
 · Foro usuarios

 Servicio Técnico
 · Intervenciones
 · Laboratorio
 · STT
 · Foro técnico
 · Dominios

 Productos
 · Telefonía
 · Informática

 Y además
 · Lo + nuevo
 · Noticias
 · Mapa del web
 · Buscador
 · Grupo Teleco
 · Contacta
 ·  
 Grupo Teleco
· INFORMÁTICA Y TELECOMUNICACIONES · 


Enviar artículo Imprimir artículo
 Convenio para a promoción do acceso empresarial á Sociedade da Información    (13/07/2005)


 

 

 

 

 

 

 

 

 


 
Axuda-Convenio para a promoción do acceso empresarial á Sociedade da Información.

ENTIDADES COLABORADORAS

Empresas privadas con persoalidade xurídica, con algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica relacionada coas accións que se fomentan a través deste convenio no ámbito da Sociedade da Información. As entidades colaboradoaras deberán adherirse ó convenio antes do 6 de xullo do 2005.

As entidades colaboradoras realizarán os trámites ante a consellería para a obtención das axudas por parte das empresas e adiantarán a contía das ditas axudas ás empresas que resultan beneficiarias .

BENEFICIARIOS

Son entidades mercantís de carácter privado, entidades cooperativas ou os empresarios individuais, con sede social e/ou centros de traballo en Galicia, que estean realizando actividade económica nos ditos centros de traballo.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Accion A: Presenza básica na internet.
Adquisición dun dominio propio.
Desenvolvemento da web propia da empresa. Presenza na internet da dita web. Inclusión na web de cláusulas legais. Facilidades de modificación posterior e autoconfiguración da web polo cliente, etc. Nesta acción a axuda acadará o 75 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 150 euros para cada proxecto.

Acción B: Auditoría para a mellora na xestión interna da información.
Alta da empresa e dos ficheiros desta no Rexistro Xeneral de Protección de Datos (RXPD). Xeración de documentos necesarios de auditoría. Dispoñibilidade total do beneficiario sobre os contidos dos documentos, que lle permita ao cliente a modificación e evolución da documentación, e mesmo a xestión documental da documentación xerada se fose posible. Nesta acción a axuda acadará o 40% do inves-timento subvencionable, cun límite máximo de 600 euros para cada proxecto.

Acción C: Software para a mellora na xestión
Adquisición de novas licenzas de software. Manuais de usuario e/ou ferramentas de axuda on-line/off-line. Soporte técnico comercial polo vendedor do produto. Posta en servizo do software adquirido. Nesta acción a axuda acadará o 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 1.500 euros para cada proxecto.

Acción D: Alta en servizos electrónicos avanzados prestados mediante redes públicas.
Licenza inicial sobre o produto electrónico. Manuais de usuario e/ou ferramentas de axuda on-line/off-line. Posta en operación do servizo electrónico. Soporte técnico operacional sobre o servizo. Dispoñibilidade de ferramentas de control estatístico e calidade do servizo. Nesta acción a axuda acadará o 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 600 euros para cada proxecto.

Acción E: Adquisición de equipos de comunicacións para acceso a redes públicas electrónicas.
Investimentos os referentes ás centrais de transmisión de datos sobre protocolos IP, centrais de voz, equipos de conmutación e enru-tamento, así como equipos dedicados a vehículos ou máquinas, sempre que accedan directamente ás redes públicas. Non se considerarán elementos interiores de rede de usuario (terminais, cableado, elec-trónica activa o pasiva, etc.), nin ordenadores personais aínda que dispoñan de conexión directa ás redes públicas. Nesta acción a axuda acadará o 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 1.500 euros para cada proxecto.

VIXENCIA: Ata o 31 de decembro de 2007.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de abril de 2007.

INFORMACIÓN E CONSULTAS: Diario Oficial de Galicia Nº 107 do luns, 6 de xuño de 2005.


ORGANISMO: Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

 

Documentos

·  DOG nº107 do 6 de xuño 2005    

 

Enlaces:

·  http://www.xunta.es/conselle/in/oficina_virtual/oficina_virtual_g.html

  

 

 

 



"Ver doga"

"Aplicación e-sinxelo: "

Página anterior
Servicios para el cumplimiento de la Ley de Protección de datos


Acceso usuarios



Contacta con nosotros


(c) 1999-2005 Grupo Teleco. España.
Política de privacidad y Aviso legal.
Designed by FAG